top of page

Escoliña de Nais e Pais: rede de apoio e comunicación efectiva 2.0

XOVES 20 DE MARZO DE 2025 ÁS 20H NO LOCAL SOCIAL DA SOLAINA

Queremos invitarvos a que vos unades á nosa Escoliña de Nais e Pais, un espazo xerado especialmente para vós. Somos conscientes de que ser pai ou nai é unha aventura marabillosa, pero tamén pode ser un desafío. Por iso, é fundamental contar con unha rede de apoio sólida.


Na Escoliña de marzo falaremos sobre a importancia de construir conexións con outras persoas e de como estas relacións poden enriquecer a nosa experiencia como coidadorxs. Compartiremos ferramentas, consellos e, sobre todo, experiencias valiosísimas que nos axudarán a enfrontar xuntxs os retos da nosa crianza.


🤝 ¿Por que asistir?

- Conexións significativas: Conectarás con outrxs nais e pais que están, ou xa estiveron, na mesma situación que tí.

- Apoio emocional: Compartir e escoitar pode ser un grande alivio.

- Aprendizaxe conxunta: Xuntxs podemos aprender novas estratexias e enfoques.

- Fortalecemento da comunidade: se nos unimos, creamos un entorno máis forte e solidario para xs nosxs fillxs.


Ven e descubre como unha rede de apoio pode facer a diferencia. Esperámoste cos brazos abertos. 💖






Actividade subvencionada polo Concello de Narón

 
 
 

Comments


©2022 por aspanemi. Orgulhosamente criado com Wix.com

bottom of page