top of page

Escoliña de pais e nais: xincana de emocións.

Actualizado: 22 may

Xoves 21 de maio de 2026 no Local social da Solaina ás 20h.

Nesta nova escoliña imos compartir un espazo para falar de comunicación, emocións, necesidades e límites… pero dun xeito moi práctico, cercano e dinámico.

Faremos dinámicas vivenciais, reflexións e miraremos pequenas ferramentas que nos axuden a entender mellor como nos comunicamos, como pedimos o que necesitamos e como nos coidarnos tamén a nós mesmas no día a día.

Un espazo para parar un pouco, sentirnos presentes, sostidas, comprendidas e levarnos recursos reais para a casa.

Porque ás veces, cando compartimos o que nos pasa, o peso faise un pouco máis lixeiro. E porque non temos que poder con todo soas.

Comentarios


©2022 por aspanemi. Orgulhosamente criado com Wix.com

bottom of page