top of page

Quen somos

Sobre nós

ASPANEMI somos unha asociación de familias de persoas con diversidade funcional.
Nacimos  pola necesidade dos pais e nais de crianzas con diversidade de poder contar cun espazo de encontro e, á vez, de axuda ás necesidades dos nosos fillos e fillas.
Formamos ASPANEMI
un grupo de familias e outras socias colaboradoras que comprenden as necesidades destas crianzas e nos apoia.
Pretendemos axudar ás familias a asumir a situación que se lles presenta ao saber que teñen un fillo ou unha filla con problemas e loitamos para que as crianzas sexan atendidas desde o momento no que lle é detectada a problemática co fin de que poidan desenvolveren o máximo das suas capacidades.
Realizamos calquera tipo de actuación que poida contribuír á mellora da integración da infancia e a adolescencia na sociedade.

Sen titulo2.png
bottom of page