Escoliña de nais e pais
- aspanemi
- 24 mar
- 1 Min. de lectura

Sabemos que non sempre é doado sacar tempo para vir… Que o día a día pesa, que hai moito que soster e que, moitas veces, quedamos para o final.
Pero tamén sabemos algo importante: cando paramos un pouco e compartimos, algo cambia.
Porque ás veces imos tirando, sen parar, sen pensar como estamos realmente. E sen decatarnos, imos quedando un pouco máis soas, máis cansadas, máis cargadas.
Esta escoliña é para iso, para que supoña un pequeno alto no camiño. Un espazo para escoitarte, para poñer palabras, recolocarte e sentirte acompañada.
Non tes que traer nada preparado, nin falar se non che apetece. Só vir, e deixarte acompañar un anaco.
Porque non se trata de poder con todo, senón de non ter que facelo soa.
Gustaríanos moito contar contigo ❤️




Comentarios