top of page

Respiro Familiar: Celebración Magosto 2025


ree

Este sábado 25 de outubro o respiro familiar vai consistir nunha celebración especial do Magosto de ASPANEMI, celebraremos a chegada do outono con castañas asadas. Quen non come castañas, ou non nos consta, é o Can de terapia que teremos ás 16:30h. Quizais quen si as coma sexa a Cabuxa enana que tamén nos acompañará esa tarde. Para facer a dixestión moveremos o corpo coa música dun DJ aló polas 19h. Así si que dá gusto darlle a benvida ao outono. Ven celebralo connosco.

Queremos agradecer á Asociación de Veciños e Veciñas O Castro de Viladonelle (Neda) pola cesión do local para este respiro familiar.



ree


Esta actividade de Respiros Familiares está subvencionada polo Concello de Ferrol

Comentarios


©2022 por aspanemi. Orgulhosamente criado com Wix.com

bottom of page