Este sábado 25 de outubro o respiro familiar vai consistir nunha celebración especial do Magosto de ASPANEMI, celebraremos a chegada do outono con castañas asadas. Quen non come castañas, ou non nos consta, é o Can de terapia que teremos ás 16:30h. Quizais quen si as coma sexa a Cabuxa enana que tamén nos acompañará esa tarde. Para facer a dixestión moveremos o corpo coa música dun DJ aló polas 19h. Así si que dá gusto darlle a benvida ao outono. Ven celebralo connosco. Que