top of page
aspanemi

O Souto de Leixa ou o sabor amargo do futuro

Cando tes un fillo ou unha filla con discapacidade pero tes un pouco de saúde e algunha pequena axuda económica dalgún organismo oficial e como o que te sobra é agarimo, vives un presente no que complementas con amor a vida diaria.

Pero existe algo moi traidor, algo que tentas sacudir constantemente da cabeza e que se che escapa como un puñado de auga na man . É unha palabra fermosa pero que para familias como as nosas vólvese amarga: FUTURO.

Así é! O futuro para nós é como esas laranxas lindas e brillantes por fóra pero que sabemos que por dentro teñen un sabor acre.

Ese futuro, traidor e silencioso, é xa doloroso presente nas persoas con discapacidade que residen no “Souto de Leixa”. Persoas que o destino, coas súas distintas particularidades levou alí: pais e nais moi maiores coas forzas desgastadas do longo camiño, persoas sen familiares vivos...



Persoas vulnerábeis, persoas que non se poden defender, que non poden relatar moitas veces o que lle acontece na súa vida, persoas ás que, en último caso o Estado debe protexer e velar porque teñan unha vida axeitada.

Vale, queridas autoridades, neste caso Xunta de Galicia, non vos pedimos que lles deades amor pero vos esiximos que lle deades unha vida digna, unha vida que pague a pena ser vivida.

É por iso que calquera indicio, calquera mínima dúbida que haxa sobre o benestar destas persoas debe ser investigado e no seu caso corrixido coa máxima contundencia. Cousas que parecerían imposíbeis aconteceron e acontecen nas residencias de persoas maiores privatizadas inzan as páxinas dos xornais.

Non imos entrar en detallarmos os terríbeis e penosos feitos que denuncian os familiares das persoas usuarias dese centro porque hoxe non nos colle mais tristura e rabia no corazón.

É un centro xestionado por unha empresa privada, Clece, pero a responsabilidade do seu benestar é responsabilidade de toda a sociedade, de todos e todas nós a través dos poderes públicos, neste caso da Consellaria de Benestar Social.

É por iso que algunhas de nós imos estar vixiantes e atentas ao que ocorre con estas persoas neste centro e convidámosche a ti a facer o mesmo porque aínda que sexa en cadeira de rodas, en muletas ou arrastrándovos, queridas e queridos residentes do “Souto de Leixa” como campións que sodes, nunca camiñaredes sós...!



Tendes mais información aqui:

560 visualizaciones2 comentarios

2 Comments


Guest
Jun 02, 2023

¿Pero que casa de los horrores es ese sitio‽ Hay que movilizarse , joder que cabreo tengo. O la gente se moviliza por esta movida o ya no nos movilizamos por nada, es que tengo hasta asco, dios!

Like

Guest
Jun 02, 2023

Que tristura ao ler isto. As empresas que se dedican a todo o que ten que ver co social son unha lacra para a sociedade. son empresas, non buscan o benestar das persoas, só réditos económicos. Defendamos ás persoas que non se poden defenderen.

Like
bottom of page