Escoliña de nais e pais xoves 23 de xullo, á procura do tesouro invisíbel
- aspanemi
- 16 jul
- 1 min de lectura

Tes ganas dunha Escoliña diferente?
Pois o próximo xoves temos unha nova Escoliña... e esta vez deixamos as cadeiras para saír ao aire libre. Esta vez propoñémosvos un reto: seguir pistas, buscar pequenos "tesouros" e descubrir que, ás veces, o máis importante está moito máis preto do que pensamos.
Unha experiencia para desconectar das présas, compartir un bo momento e volver para casa cunha mochila chea de recursos. Non fai falta experiencia, só ganas de camiñar, participar e deixarse sorprender.
Despois, como xa é tradición, desfrutaremos dunha cea entre todas.
Animádevos, estamos desexando compartir este tempo con todas vós!!!

Esta actividade está subvencionada polo Concello de Narón




Comentarios