Este venres 15 de novembro a ASPANEMI entrevistouse coa directiva da área Sanitaria, recibiunos a Xerente de área e os coordinadores dos distintos servizos para falar dos cambios que precisa atención temperá. Nós démoslle moita importancia á necesidade de ter unha coordinación multidisciplinar, que coordine e abranga todas as necesidades das crianzas e que guíen aos pais e nais polas distintas necesidades que van ter (neuroloxía, traumatoloxía, psicólogo...) Tamén sería preciso coordinarse cos concellos para tecer unha rede que protexa aos nenos e nenas pero tamén ás familias.
Nese sentido, comentamos na reunión que tamén é preciso atender ás familias que neses trances temos moitas necesidades e é preciso apoiar a irmáns, nais e pais.
Insistimos en que Atención Temperá non pode ter listas de agarda. As semanas e os días contan nestes casos e é vital darlle unha resposta inmediata á problemática de crianzas tan pequenas.
A Xerencia da Área planea facer cambios para mellorar a situación e como primeira medida poñerá a psicóloga mais días.
Comments