A nosa Escoliña de Nais e Pais é un espazo onde compartimos experiencias, información, formación e reflexións sobre calquera dos aspectos relacionados coas funcións implicadas na crianza de persoas con diversidade.
Pretende ser un recurso de apoio ás familias para poder desenvolver adecuadamente
as funcións educativas, socializadoras, para superar situacións de confusión, ansiedade ou incerteza... Para comprendernos, aceptarnos e querernos tal e como somos.
É unha actividade de carácter preventivo e formativo coa aspiración de contribuir á adquisición de pautas saudábeis na dinámica familiar.
Esta vez andaremos ás voltas coa Resiliencia. Esta palabra que escoitamos últimamente tanto, que significa? Como se pode poñer en práctica? Na escola de nais e pais deste xoves 19 de xaneiro, Pili, a nosa sicóloga preferida vai tratar este tema.
Dia: xoves 19 de xaneiro de 2023
Hora: 20h
Lugar: Local social A Solaina
Actividade subvencionada polo Concello de Narón
Comments