O 3 de decembro celébrase o Día internacional das "Persoas con Discapacidade". Este ano reivindicamos esta data mais CAPACES que nunca.
Nesta ocasión centrámonos no lecer da rapazada porque somos conscientes que a maioría dos locais de ocio non están adaptados para que a rapazada con diversidade funcional poda acceder a eles. Tampouco hai estratexias públicas a nivel municipal ou autonómico que propoñan medidas integradoras neste aspecto.
Daí que desde ASPANEMI organizara esta sesión na que Fran DJ de MasMusic fixera bailar a todas as persoas participantes coas súas mesturas.
Sabemos que a solución para o lecer das persoas con diversidade funcional non está nas actividades que promovemos as asociación que traballamos nesta área, porque a solución tenna que dar toda a sociedade. No entanto esta actividade valeunos para pasar unha alegre tarde de amizade e música.
Gustounos moito partillar esta divertida tarde con rapaces e rapazas doutras asociacións.
Agradecemos moito ao Concello de Neda pola cesión da pista polideportiva. agradecemos tamén ao persoal do Bar da polideportiva do Roxal pola amabilidade con que sempre nos tratan.
PODEDES VER AS FOTOS AQUI --------> https://photos.app.goo.gl/c71jyCvJ9JGUAqT47
Esta actividade está subvencionada
polo concello de Ferrol
Comments