Actividades de hípica adaptada en Lamuño, iniciación á pesca da troita en Tineo e espectaculares paseos polos arredores de Cudillero, estas son algunhas das actividades que realizaremos os dias 5, 6 e 7 de xuño. Estas actividades de respiro famliar están subvencionadas polo Concello de Ferrol
Dentro dos Respiros Familiares o vindeiro 11 de abril celebraremos en ASPANEMI a Festa da Primavera. Xogos, obradoiro de manualidades e música para recibir á nova estación. É unha actividade subvencionada polo Concello de Ferrol.