Valoracións discapacidade: unha inxustiza sen nome.
- aspanemi
- 18 sept
- 1 Min. de lectura
Coincidindo co Día da Seguridade do Paciente, as entidades sociosanitarias reclamamos respecto e xustiza no proceso de valoración da discapacidade.
Retrasos de máis de dous anos, valoracións baseadas en informes sen falar coa persoa,
tratos inadecuados ou persoas con enfermidades crónicas ou episodios por brotes, que non se valoran adecuadamente son algúns dos problemas que afectan directamente á vida das persoas con discapacidade.

Os atrasos recortan dereitos, non tempos.
A historia clínica completa ten que ser escoitada.
Ë necesario o contacto directo durante a valoración, os informes non substitúen ás persoas.
Sen revisión, non hai tarxeta de mobilidade reducida.
As enfermidades crónicas non desaparecen cun novo baremo.
Reclamar non pode ser un labirinto sen saída.
Os criterios deben ser comúns en todos os equipos de valoración.
Chamadas ao servizo de valoración sen resposta = dereitos sen atender.
As enfermidades crónicas non precisan certificados temporais.






Comentarios