top of page

Discapacidade: abandonadas e desesperadas pola Política Social da Xunta

Dende a nosa asociación ASPANEMI (Asociación de pais de nenos con minusvalia), dedicamos durante moitos anos, moitas forzas e moita enerxía para reivindicar, denunciar, solicitar,.....gran diversidade de problemáticas que, por desgraza, padecemos nas nosas familias con nenos e xoves con diferentes diversidades funcionais.Hoxe, presentásenos un novo caso: unha familia da nosa asociación atópase cun problema no que non lle dán ningunha solución. Unha familia que vive co seu fillo dependente está vivindo un inferno. Despois de peregrinar polo SERGAS, buscando os motivos que explicasen o seu comportamento que obrigaba á nai a chamar a policía en varias ocasións, chegouse á conclusión que non se trata de nada físico ou de medicación psiquiátrica senón que é un tema social. Precisa estar fóra do contacto dos seus pais un tempo para vivir a súa vida. Como non controla as súas emocións lévao a poñerse moi agresivo cos máis achegados, xerando unha situación na que pode pasar unha desgraza.Desde hai uns meses a familia comezou a procurar algún sitio por toda Galicia onde o fillo puidese ir un tempo de respiro, pero chegou á triste e desesperada conclusión de que NON TEMOS NIN UNHA SOLA PRAZA EN TODA GALICIA NIN PUBLICA NIN PRIVADA .A familia só está a pedir, despois de moitos anos de se desvivir polo coidalo do seu fillo, un respiro nun centro onde o mozo poida desenvolverse durante un tempo lonxe do seu entorno habitual. Ademais de non ter eses centros denunciamos as necesidades de urxencia,cando se precisa ese respiro, sen ter que esperar a que haxa prazas ou prazos.A única solución que atopou foi con ASPACE Xixón, onde teñen unha praza por un prezo de 150 euros diarios, o que nos parece que economicamente non se pode soportar para unha familia normal.A partir de ahí, solicitamos unha reunión coa conselleira de política social, Fabiola García para abordar este tema en concreto. Agardamos que sexa o máis pronto posible, pola necesidade de dar solución a esta familia.


Comentarios


©2022 por aspanemi. Orgulhosamente criado com Wix.com

bottom of page