top of page
aspanemi

Así foi o Samaín 2024 de ASPANEMI

Respiro familiar: Samaín

O pasado sábado celebramos o samain de ASPANEMI no Local Social da Asociación de Veciños/as do Castro no marco incomparábel de Viladonelle. Alí atendeunos Carmen con toda a súa simpatía e nos sentimos moi a gusto nesas instalacións tan chulas que teñen.

Os castiñeiros de Mar foron xenerosos e nos agasallaron con unha morea de castañas enormes coas que os rapaces e rapazas fixeron uns bonecos moi simpáticos. Sabela converteu os globos nunhas figuriñas moi xeitosas mentres Belén maquillaba "de medo" a quen o pediu.

Despois veu a merendola onde tivemos tamén a oportunidade de degustar unhas "chulas" de cabaza típicas destas datas.

Tivemos a sorte de contar con dúas marabillosas voluntarias: Bea e Carlota a quen estamos moi agradecidas/os e coas que o pasamos estupendamente.

Despois de todo isto o corpo o que pedía era movimento e aí estaba o DJ de 719 discotecas móviles para facer bailar a todo o mundo co seu bon facer.


Podedes ver todas as fotos aqui e tamén podedes comentalas--->




Esta actividade de respiro familiar

está subvencionada polo Concello de Ferrol


75 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

Comments


bottom of page