Así foi a marabillosa tarde cos cabalos
- aspanemi
- 2 dic 2024
- 1 Min. de lectura

Dentro das actividades de respiro familiar, o sábado 30 de novembro tivemos a sorte de pasar unha marabillosa tarde no Centro Hípico Alalma, en Brión - Ferrol, na compaña de dous cabalos extraordinarios: a égua Emily (tamén chamada Doña Emilia) e Kefren. E se estes dous cabalos son marabillosos que podemos dicir de Lucía e Paula que co seu bon facer profesional, o seu agarimo polos animais e a sua esmerada atención ás crianzas fixeron que amemos, aínda un pouquiño mais, o mundo destes amigos equinos.
Os nenos e nenas acariciaron os cabalos, cepilláronnos, subiron neles e déronlles de comer. Unha tarde completa que iluminou a cara de todas as nosas crianzas.

Podedes ver e comentar todas as fotos aqui ----> https://photos.app.goo.gl/8ZbFemUdTmF3dRR68
Esta actividade estivo subvencionada polo concello de Ferrol
Que linda experiencia.